🏆🏆 Premio distancia parapente 2025 – Xeoparque Montañas do Courel 🏆🏆

En revisión de vuelos y clasificación

O Clube de Parapente Quiroga repartirá 1000 € en premios aos dous mellores pilotos da tempada 2025, grazas á colaboración dos concellos de Quiroga, Courel, Ribas do Sil e do Xeoparque Montañas do Courel.

📆 Entre o 25 de xuño e o 8 de setembro de 2025, e premiará aos dous pilotos que consigan a maior puntuación na suma de tres voos rexistrados na plataforma XContest.
📍 Os voos deberán ter como punto de despegue calquera dos concellos de Quiroga, Courel ou Ribas do Sil, cos seguintes despegues habilitados: Vilañán, A Conchada, Cerengo, Torbeo, Pía Paxaro ou Taro Branco.

🏆 Premios

  • 1º premio – 700 €: para o piloto coa maior puntuación total nos 3 voos, sempre que un dos voos sume 60 puntos ou máis en XContest.
  • 2º premio – 300 €: para o seguinte clasificado, sempre que alcance un mínimo de 50 puntos nalgún dos tres voos.

📲 Os voos deberán subirse ás plataformas XContest ou Volandoo, e ser comunicados ao grupo de WhatsApp da zona de voo Quiroga nun prazo máximo de 24 horas tras cada voo.

⚠️ Todos os voos deberán respetar a normativa vixente sobre o uso do espazo aéreo.

🎉 A entrega dos premios será o 8 de setembro, se o tempo o permite, ou no seguinte fin de semana.

Actualizado: 23 de agosto de 2025