25 enero 2025 -Oia

A previsión era delicada, pero os que coñecemos Oia sabemos que os W son propios de esta configuración.
meteoparapente daba posibilidades e efectivamente púdose voar de mañá e de tarde
foto de Juan Abreu chegando a cabo Silleiro
Outro protagonista do día, un especialista en exprimir as condicións, Diego Jalda, que foi o único en conseguir saltar a monte Tegra sobre a Garda, ida e volta. O que non foi sinxelo porque xa empezaba a soplar máis da esquerda (SW) e supón unha transición difícil por viaxar con vento de cara sen apoio na montaña.

Xa de tarde, subiu o vento e facíase imposible sair de arriba, así que os pilotos acudimos ás Loucenzas que está a 30 metros sobre o nivel do mar, que cas condicións adecuadas permiten enganchar ca ladeira ou incluso navegar moi baixo sobre os acantilados. Este tipo de voo non se recomenda facer sin o asesoramento de pilotos locais.

Un día como este, a atención a cúmulos demasiados desarrollados como este é fundamental, aumento de vento e precipitación. A atención ó mar e ó ceo ten que ser constante e permanente, así como a comunicación por radio.
A ferramenta de radar pode ser moi útil tamén. Aquí vemos a nube da foto anterior achegándose.

foto de Marcos Gay saíndo de Loucenzas pola tarde, Oia.

Máis de 25 pilotos acudiron a chamada dunha previsións dudosa, un voo so apto para os fieles de Oia.